PCRG - Partido Comunista pola República Galega


Гео и язык канала: не указан, не указан
Категория: не указана


Partido Comunista pola República Galega
linktr.ee/pcrg_gal

Связанные каналы

Гео и язык канала
не указан, не указан
Категория
не указана
Статистика
Фильтр публикаций


✊🏻Desconvocouse a folga do lixo de Ourense trala traizón histórica de STL, USO, CGT, CCOO e UGT. A pesar de que o 75% da asemblea votou en contra de aceptar a oferta do concello e da empresa concesionaria, estes cinco sindicatos non tardaron nin 24 horas en someterse ao dictado da patronal, cuspindo na cara dos traballadores.
A CIG, que conta con catro dos nove representantes do comité, queda en minoría pese a ser o sindicato con maior representación e o único que se cingue á decisión tomada polos traballadores.

🔴O lixo cheira, os esquirois feden🔴

_

FB | IG | X


UNHA LINGUA

Polo dereito a falar con voz propia. Porque sabemos que existe un nós –os oprimidos, as que cargan sobre as súas costas o peso do traballo–, e un eles –os opresores, os que viven da nosa miseria e da destrucción da Terra–. Porque queremos que os nosos netos entendan a lingua na que escoitamos cantar ás nosas avoas. Por todo isto militamos na lingua galega e comprendemos que a súa defensa é a defensa dos nosos intereses e dos nosos dereitos irrenunciables.

Consideramos que a língua é o símbolo rotundo da nosa identidade e a ferramenta da nosa emancipación: o galego é motor para creación intelectual, artística e científica de noso; un agasallo para tódolos obreiros do mundo que teñen a oportunidade de escoitarnos e interese en compartir o que temos que ofrecer como pobo; un vencello que nos une como pobo e un himno da vitoria do traballo fronte a tiranía do capital. [...]

Continúa lendo nas nosas redes:

FB | IG | X


✊🏼Queremos convidarvos á manifestación pola nosa língua

🗓Domingo 23 de febreiro
🕗Ás 12.00
📍Alameda de Compostela

_

FB | IG | X


✊Xa está dispoñible o Faísca do mes de Xaneiro!

Subscríbete a Faísca, o xornal político do PCRG!

Por só 5 € ao mes recibe o número mensual de Faísca e a entrega semestral de Embate, revista do comunismo galego.

Contacta connosco para facer oficial a túa subscrición a través do correo pcrg_gal@hotmail.com indicando:
● Nome e apelidos
● Enderezo postal

Fai efectiva a túa subscrición: Envía os teus pagos á nosa conta bancaria co seguinte detalle:
● Titular: Partido Comunista pola República Galega
● IBAN: ES87 3070 0045 1763 9502 1725
● CONCEPTO: Nome - Faísca

Subscríbete hoxe e forma parte da rede revolucionaria que está a construír a alternativa da nosa clase, ao cerebro colectivo da vangarda proletaria, ferreiros dun mundo mellor. Marchamos até a vitoria!


✊🏼🇻🇪 Saudamos o xuramento do presidente Nicolás Maduro para o seu terceiro mandato democrático como reforzo do polo antiimperialista en Latinoamérica e da causa dos desposuídos do mundo en Xeral. O noso Partido estivo presente na capital venezolana a través do noso camarada André Abeledo.

_

FB | IG | X


✊Xa está dispoñible o Faísca do mes de decembro!

Subscríbete a Faísca, o xornal político do PCRG!

Por só 5 € ao mes recibe o número mensual de Faísca e a entrega semestral de Embate, revista do comunismo galego.

Contacta connosco para facer oficial a túa subscrición a través do correo pcrg_gal@hotmail.com indicando:
● Nome e apelidos
● Enderezo postal

Fai efectiva a túa subscrición: Envía os teus pagos á nosa conta bancaria co seguinte detalle:
● Titular: Partido Comunista pola República Galega
● IBAN: ES87 3070 0045 1763 9502 1725
● CONCEPTO: Nome - Faísca

Subscríbete hoxe e forma parte da rede revolucionaria que está a construír a alternativa da nosa clase, ao cerebro colectivo da vangarda proletaria, ferreiros dun mundo mellor. Marchamos até a vitoria!

_

FB | IG | X


Tres anos de Partido Comunista



Para lograrmos un mundo xusto, solidario, sen desigualdades e sen clases; cada nación, cada pobo, cada grupo humano consciente do seu feito colectivo, debe ter o seu Partido Comunista, debe contar co seu destacamento de obreiras e obreiros organizados na defensa dos seus dereitos coma clase e na conquista dos seus obxectivos emancipadores. É dicir, unha rede de desposuídas conxurada para rachar coas súas cadeas.



O panorama do comunismo galego, en particular; e do movemento popular, en xeral; era desolador hai tan só un lustro. Estabamos disgregados, derrotados, desunidos, retirados... En estado crítico. Era unha necesidade urxente e perentoria poñer en común, volver falar, facer asembleas e reunións, sermos xenerosas e xenerosas e dar un paso adiante na construción dun Partido de clase en Galiza e para Galiza. [...]

Continúa lendo nas nosas redes:

FB | IG | X


O mes de decembro é especialmente duro para un segmento da nosa clase empregado no sector dos servizos.
As dinámicas ultraconsumistas do Nadal levan ás empresas a adoptar un modelo baseado na explotación da clase obreira mediante a implementación de xornadas maratonianas: normalízanse os turnos de nove e incluso dez horas. Os centros comerciais abren os domingos e, para manter o ritmo, algúns de nós vémonos forzados a facer turnos de dez horas, cun descanso dunha hora (dúas no mellor dos casos) que non dá tempo ao traballador a desprazarse sequera á súa casa. A nosa clase xanta así no centro de traballo como única opción economicamente viable e compatible coas demandas da empresa, pasando días enteiros recluída en espazos sofocantes e privados de luz natural. Entrégase ao centro de traballo máis tempo do que se remunera a final de mes e a situación é vista como normal. [...]

Continúa lendo nas nosas redes:

FB | IG | X


✊Xa está dispoñible o Faísca do mes de novembro!

🟣Desta vez é unha edición especial, pois contén un monográfico con textos relacionados coa cuestión da muller.

Subscríbete a Faísca, o xornal político do PCRG!

Desde o PCRG, anunciamos a nosa subscrición mensual ao xornal Faísca.

Por só 5 € ao mes recibe o número mensual de Faísca e a entrega semestral de Embate, revista do comunismo galego.

Contacta connosco para facer oficial a túa subscrición a través do correo pcrg_gal@hotmail.com indicando:
● Nome e apelidos
● Enderezo postal

Fai efectiva a túa subscrición: Envía os teus pagos á nosa conta bancaria co seguinte detalle:
● Titular: Partido Comunista pola República Galega
● IBAN: ES87 3070 0045 1763 9502 1725
● CONCEPTO: Nome - Faísca

Subscríbete hoxe e forma parte da rede revolucionaria que está a construír a alternativa da nosa clase, ao cerebro colectivo da vangarda proletaria, ferreiros dun mundo mellor. Marchamos até a vitoria!

_

FB | IG | X


Caeu Siria e, derrotado o Ba'ath árabe, florece agora un fundamentalismo xihadista de aparencia pragmática e amigable, da man da marca branca de Al-Qaeda na rexión, Hayat Tahrir al-Sham.
Bashar al-Assad e a súa familia refúxianse en Moscova, sabedores de que o proxecto do imperialismo é necrófago e necrófilo e non respecta aos mártires. Quedou ben aprendida a lección tralo asasinato salvaxe do Coronel Gadafi. A decisión de vivir é respectable e, sen dúbida, seguir vivo se aínda se ten algo que dicir é responsable.
Á consternación ante o feito de que un país que resistiu heroicamente durante máis de trece anos sexa sometido en apenas once días, séguelle a busca dunha explicación política máis que necesaria. [...]

Continúa lendo nas nosas redes:

FB | IG | X


Galicia contra Altri: por unha industrialización racional

Baixo o patrocinio da administración autonómica a multinacional Altri pretende instalar unha nova planta para a produción de celulosa no noso país. Estamos ante un descarado episodio de sometemento das institucións políticas públicas ás necesidade de acumulación privada de riqueza. O Parlamento e o goberno concederon a Altri privilexios excepcionais sen dar un debate mínimo sobre os potenciais impactos da fábrica en termos sociais, económicos e medioambientais. [...]

Continúa lendo nas nosas redes:

FB | IG | X


O pobo volve sair á rua para dicir ben alto e claro #ALTRINON.



🗓Domingo 15 de decembro

🕗Ás 12.00

📍Alameda de Compostela


FB | IG | X


Que todo cambie para que nada teña que cambiar. Ese é o resumo da Constitución do 78 nunha soa liña. Agradecerán o noso esforzo de síntese as forzas que, tras anos ou incluso décadas de discurso radical, deciden agora cantar as alabanzas do Reino de España. Agora xa non teñen que ler o que están a aceptar. De nada.

Nós seguimos en contra e seguiremos en contra. Por que? Porque consideramos que a Constitución do 78, que prometía ser unha pista de despegue, é, en realidade, un teito ben baixo que obriga á nosa clase a camiñar encorvada. Por riba dese teito, o Réxime do 78 non está disposto a conceder nada. [...]

Continúa lendo nas nosas redes:

FB | IG | X


25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Como mulleres da clase obreira, sufrimos na nosa pel a dupla explotación do sistema capitalista. Traballos precarios, salarios miserábeis, xornadas interminábeis, alugueiros inasumíbeis e necesidades básicas cada vez máis afastadas. Ademais, cargamos co peso adicional dun sistema patriarcal que nos oprime sen tregua: explotadas nos centros de traballo e nos fogares, cousificadas, sexualizadas, desprezadas, acosadas, agredidas, violadas e asasinadas.
A nosa loita é pola construción dun novo mundo, onde a socialización do traballo produtivo e reprodutivo, dos coidados e dos recursos, sexa o motor dunha sociedade sen explotación nin opresión. Pulamos pola abolición do xénero e da clase, polos alicerces dunha liberdade real e colectiva. [...]

Segue lendo nas nosas redes:

FB | IG | X


Subscríbete a Faísca, o xornal político do PCRG!

Desde o PCRG, anunciamos a nosa subscrición mensual ao xornal Faísca, que chegará a todos os recunchos do país.

Por só 5 € ao mes recibe o número mensual de Faísca e a entrega semestral de Embate, revista do comunismo galego.

Contacta connosco para facer oficial a túa subscrición a través do correo pcrg_gal@hotmail.com indicando:
● Nome e apelidos
● Enderezo postal

Fai efectiva a túa subscrición: Envía os teus pagos á nosa conta bancaria co seguinte detalle:
● Titular: Partido Comunista pola República Galega
● IBAN: ES87 3070 0045 1763 9502 1725
● CONCEPTO: Nome - Faísca


Subscríbete hoxe e forma parte da rede revolucionaria que está a construír a alternativa da nosa clase, ao cerebro colectivo da vangarda proletaria, ferreiros dun mundo mellor. Marchamos até a vitoria!


As catro forzas políticas do Parlamento da CAG acaban de homologar a figura de Daniel R. Castelao ao réxime autonómico que nunca foi recoñecido pola legalidade republicana dos herdeiros do Consello de Galiza do que o propio escritor, político e artista nacionalista foi presidente, como si aconteceu nos casos vasco e catalán.

Traizóase así, por parte dos que, ou ben viven da autonomía, ou ben pretenden vivir dela, a propia vontade do senlleiro rianxeiro, cuxos restos mortais foron traídos a Galiza nun vergoñento día de 1984 malia o desexo do mesmo de que o retorno dende o exilio non acontecera até que Galiza fose un País completamente Ceibe e democrático. [...]

Continúa lendo nas nosas redes:

FB | IG | X


No día de onte, deixounos Celeste Caeiro a muller que fixo dos cravos un símbolo na revolución portuguesa que derrocou ao fascismo no estado veciño. Quedará sempre na nosa memoria e seguirá viva cada 25 de abril e sempre no corazón da clase obreira organizada e antifascista.

Que a terra che sexa leve

_

FB | IG | X


👕Pomos á venda esta camiseta coa bandeira da vitoria soviética
👉Contacta connosco para poder conseguila!

FB | IG | X


🖊️ Disco Elysium

Neste mundo baleirado de optimismo, con expectativas de guerra constantes e unha sensación de que todo está feito e nada hai por facer ao mesmo tempo, aparece Disco Elysium. [...]

[Texto completo]

_

FB | IG | X


🖊️ Sionización, o estado 51

Non só o liberalfascismo ama e adora o mal-chamado estado hebreo. Sectores da esquerda máis desnortada e dos “independentismos” de dereita, manteñen certa admiración polo noutrora “admirábel” Estado de Israel. Hai anos, partidos e sindicatos socialdemócratas e laboristas de todo [...]

[Texto completo]

_

FB | IG | X

Показано 20 последних публикаций.

107

подписчиков
Статистика канала